Home LEGALIZACIÓN DE LIBROS

LEGALIZACIÓN DE LIBROS

NORMATIVA DE APLICACIÓN

    1. Artigo 18. Legalización de libros da Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ós emprendedores e a súa internacionalización. («BOE» núm. 233, de 28/09/2013)
    2. Instrución de 12 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado («BOE» núm. 40, de 16 de febreiro de 2015)
    3. Instrución de 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado («BOE» núm. 162, de 8 de xullo de 2015)
    4. Artigos 25 a 33 do Código de Comercio.
    5. Artigos 329 a 337 do Regulamento do Rexistro Mercantil.

LIBROS A LEGALIZAR

Os libros CONTABLES obrigatorios son:

-INVENTARIO E CONTAS ANUAIS

-DIARIO

 

Os libros NON CONTABLES obrigatorios para as sociedades inscritas son:

-REXISTRO DE ACCIÓNS NOMINATIVAS (Sociedades Anónimas e en Comandita por Accións).

-REXISTRO DE SOCIOS (Sociedades de Responsabilidade Limitada)

-CONTRATOS DO SOCIO ÚNICO

-ACTAS (da XUNTA e do CONSELLO)


*As sociedades tamén poderán presentar para a súa legalización calquera libro AUXILIAR que consideren oportuno.

FORMA DE PRESENTACIÓN

Obrigatoriedade de presentación telemática

Conforme o artigo 18 da Lei 14/2013, de 27 de setembro, todos os libros que obrigatoriamente deben levar os empresarios deberán cumprimentarse en soporte electrónico.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

A presentación dos libros para a súa legalización no Rexistro Mercantil competente por razón do domicilio, deberá ser por vía telemática, tra-la súa cumprimentación, dentro dos catro meses seguintes ó peche do exercicio social.

 

Para a súa presentación por vía telemática, deberán empregar a plataforma colexial, https://sede.registradores.org/site/acceso debendo darse previamente de alta como usuario nos servizos interactivos do Colexio de Rexistradores.

 

Para calquera consulta sobre o servizo de envío, chame o teléfono 902 201 200 ou envíe un e-mail a soporte.firma@corpme.es

PROGRAMA A EMPREGAR PARA O SEU ENVÍO

Deben descargarse o PROGRAMA LEGALIA da seguinte url: https://www.registradores.org/documentacion-y-descargas/manuales-y-descargas

 

PROGRAMAS

-Legalización dixital de libros LEGALIA

 

MANUAIS

-Nova Presentación telemática de Libros

-Manual de axuda de envío de lotes de libros

-Manual de usuario de Legalia 2

-Preguntas frecuentes presentación telemática

 

No caso de ter dudas sobre o servizo de firma electrónica ou o funcionamento de LEGALIA, o teléfono de asistencia é o 902 201 200, tamén poden descargar un Manual na mesma páxina.

A facturación realizarase na forma indicada na páxina anterior a través dos servizos centrais.

 

LEGALIZACIÓN DE LIBROS CONTABLES EN ENTIDADES NON INSCRITAS

Para legalizar os libros de entidades non inscritas deben acompañar no envío, a CERTIFICACIÓN ACTUALIZADA DE SITUACIÓN CENSAL:

 

–SOLICITE A SÚA CERTIFICACIÓN DESDE O SEGUINTE ENLACE: https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/G313.shtml

 

(Dita certificación deberá engadirse ou ben desde a plataforma de presentación telemática, na opción “Engadir arquivo” ou desde o programa legalia, na opción “Engadir complemento”, que aparecerá se iniciamos a presentación telemática desde o propio programa de legalia)

 

CÓMO SE REALIZA A PRIMEIRA LEGALIZACIÓN DUN LIBRO, CANDO ANTERIORMENTE HAI LIBROS LEGALIZADOS EN BRANCO

Deberase incluir no envío telemático, unha certificación expedida polos administradores coa facultade certificante debidamente asinada na que se acredite o peche do libro anterior.

 

O modelo de certificación o poderán atopar en Descargas do Colexio de Rexistradores:

 

-Modelo de certificación de peche de libros en branco.

 

(Deberá engadirse ou ben desde a plataforma de presentación telemática, opción “Engadir arquivo” ou desde o programa legalia, opción “Engadir complemento”, que aparecerá se iniciamos a presentación telemática desde o propio legalia)

 

CÓMO RECTIFICAR OS LIBROS QUE XA FORON LEGALIZADOS

Deberase incluir no envío telemático unha certificación asinada polo administrador vixente da sociedade, na que figure a razón pola que se sustitue o libro legalizado, a data e o asento de legalización.

 

–Facer clic aquí para descargar o Modelo de certificación de rectificación de libros legalizados.

 

(Deberá engadirse ou ben desde a plataforma de presentación telemática, opción “Engadir arquivo” ou desde o programa legalia, opción “Engadir complemento” que aparecerá se iniciamos a presentación telemática desde o propio legalia)

SOPORTE ANTE DÚBIDAS E PREGUNTAS

Para calquera consulta relacionada coa presentación telemática, consulte os manuais de REGISTRADORES.ORG, chame ó número 91 270 17 97 ou mande un correo electrónico a registro.electronico@registradores.org

TELÉFONO SOPORTE 91 270 17 97