Home CONTAS ANUAIS

DEPÓSITOS DE CONTAS ANUAIS

NORMATIVA DE APLICACIÓN

A obrigación de presentación e depósito das contas anuais no Rexistro Mercantil ven establecida nos seguintes artigos:

-279 da Lei de Sociedades de Capital.

-365.1 do Regulamento do Rexistro Mercantil.


ÚLTIMAS DISPOSICIÓNS XERAIS
:

      1. Resolución do 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, referida ós modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados a súa publicación.
      2. Resolución do 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, referida ós modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas dos suxeitos obrigados a súa publicación.
      3. Resolución do 26 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, referida ós modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados a súa publicación.
      4. Resolución do 26 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, referida ós modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas dos suxeitos obrigados a súa publicación.
      5. Orde JUS/616/2022, de 30 de xuño, pola que se aproban os novos modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados a súa publicación.

FORMA DE PRESENTACIÓN

Presentación telemática en Formato Dixital

      1. Presentación completa.
      2. Presentación mixta.

 

Presentación física nas oficinas do Rexistro: Pode optarse pola presentación en dous soportes diferentes:

      1. Soporte dixital.
      2. Formato Papel.

 

PRESENTACIÓN TELEMÁTICA

Para a presentación telemática das Contas Anuais será preciso descargar o programa D2 correspondente a cada exercicio, dispoñible na páxina web do Colexio de Rexistradores:

 

-https://sede.registradores.org/sede/sede-corpme-web/informacion-y-ayuda/documentacion-descargas/registro-mercantil

 

Dispoñen de distintos manuais de presentación do programa D2 e manual de axuda para a presentación. No seguinte enlace:

 

https://sede.registradores.org/sede/sede-corpme-web/informacion-y-ayuda/documentacion-descargas/registro-mercantil

 

Para o seu envío de forma telemática deberá ser usuario rexistrado no servizo e dispoñer dun certificado electrónico recoñecido conforme se indica nos manuais indicados.

 

As presentacións telemáticas de contas anuais poden facerse completas ou mixtas:

 

a) PRESENTACIÓN COMPLETA. (incluida a certificación da acta da xunta).

Non se aportará ningún documento ao rexistro, todos forman parte do envío telemático.

O envío telemático completo, está formado polo envío de dous únicos ficheiros:

 

-Ficheiro .ZIP (que contén as contas anuais e os demáis documentos que deban depositarse)

-Ficheiro PDF (que contén a certificación relativa á aprobación das contas anuais presentadas, non debendo incorporarse dentro do ficheiro .zip). Na certificación debe consignarse a pegada dixital a efectos de identificación do Depósito Dixital xerado e enviado.

 

b) PRESENTACIÓN MIXTA. (non inclúe a certificación da acta da xunta no envío).

Enviarase telemáticamente o ficheiro.zip, (que contén as contas anuais e os demáis documentos que teñan que depositarse), e no prazo máximo de quince días desde dito envío deberán aportarse ao Rexistro, en soporte papel, os seguintes documentos:

 

    1. Certificación relativa á aprobación das contas anuais presentadas na que debe consignarse a pegada dixital a efectos de identificación do Depósito Dixital xerado.
    2. Certificación da pegada dixital xerada polo programa D2, debidamente asinada.
    3. Duplicado do acuse de recibo de dita presentación telemática.

 

No caso de non presentación dos documentos no Rexistro dentro dos seguintes 15 días hábiles motivará a calificación defectuosa do depósito.

 

PRESENTACIÓN FÍSICA NAS OFICINAS DO REXISTRO

 

Pode optarse pola presentación en dous soportes diferentes:

 

a) Soporte Dixital.

Para a xeración do depósito dixital, será preciso descargar o programa D2 correspondente a cada exercicio, dispoñible na páxina web do Colexio de Rexistradores:

 

–https://sede.registradores.org/sede/sede-corpme-web/informacion-y-ayuda/documentacion-descargas/registro-mercantil

 

Dispoñen de distintos manuais de presentación do programa D2 e manual de axuda para a presentación. No seguinte enlace:

 

https://sede.registradores.org/sede/sede-corpme-web/informacion-y-ayuda/documentacion-descargas/registro-mercantil

 

Presentarase en soporte dixital (CD ou DVD), o ficheiro ZIP que xera o depósito dixital, que contén a totalidade dos documentos obxecto do depósito, exceptuando os seguintes que se presentarán en papel:

    1. Certificación relativa á aprobación das contas anuais presentadas nas que deberá constar transcrito o código alfanumérico da pegada dixital.
    2. Certificación da pegada dixital xerada polo programa D2, debidamente asinada.
    3. A instancia que xera o depósito e por duplicado.

 

Non se aceptará documento algún en papel excepto os anteriormente indicados conforme o Anexo II da Orde JUS/616/2022, de 30 de xuño que así o determina e da Resolución de 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, referida ós modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados a súa publicación.

 

b) Soporte Papel.

As contas anuais, xunto cos demáis documentos que as forman, deben presentarse obrigatoriamente nos modelos normalizados, cumprimentados de forma mecanizada, acompañados de instancia e certificación relativa á aprobación das contas anuais presentadas.

 

OS IMPRESOS NORMALIZADOS PARA A PRESENTACIÓN DAS CONTAS ANUAIS EN PAPEL ESTÁN DISPOÑIBLES EN FORMATO PDF EDITABLE NA WEB DO MINISTERIO DE XUSTIZA.

 

(Tamén se atopan nas páxinas web do Colexio de Rexistradores, do Consello Xeral do Notariado, do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas e do Banco de España)

A instancia ou solicitude debe presentarse en modelo normalizado e por duplicado, debidamente cumprimentada e que conteña todos os datos do presentador e asinada por éste.

 

Quedan exentas da obrigación de presentar ditos documentos en modelos normalizados aquelas sociedades ou empresarios que de acordo ca súa lexislación específica deban formular as súas contas con arreglo os seus propios modelos, neste caso, deberá constar na certificación de aprobación de contas o motivo concreto polo que non se empregan os modelos normalizados.

 

A presentación pode facerse persoalmente na propia oficina do Rexistro, ou ben a través de servizos de mensaxería ou polo servizo de correos, facendo constar, neste último caso, na instancia de forma individual a data da certificación do Servizo de Correos, a cal deberá conter necesariamente todos os datos do presentador (nome, domicilio, e-mail, fax, teléfono, etc) para posteriores comunicacións ou envíos.

 

 

CONSULTAS FRECUENTES

PRAZO

O prazo para a formulación das contas anuais é de tres meses desde o peche do seu exercicio social.

A Xunta Xeral reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada exercicio para aprobar as contas do exercicio anterior e resolver sobre a aplicación do resultado. (art.164 LSC).

A presentación das contas no Rexistro Mercantil estará dentro do prazo establecido se son presentadas dentro do mes seguinte á celebración da xunta de aprobación das mesmas. (Artigo 279 do TRLSC e 365 do RRM.)

NOTIFICACIÓNS

O rexistro realiza as seguintes notificacións conforme o disposto nos artigos 14 e 41 da Lei 39/2015, enviando un aviso das mesmas á dirección de correo electrónico indicada na solicitude.

En concreto, notifícase:

-A presentación do depósito no Rexistro, os efectos do artigo 55 RRM.

-O depósito das contas ou no seu caso os defectos que impiden o depósito.

PECHE DO REXISTRO POR FALTA DE DEPÓSITO DE CONTAS

O peche da folla rexistral só se produce respecto de aqueles exercicios nos que transcurrido un ano desde a data do seu peche de exercicio social, non se producise o correspondente depósito das súas contas.

Cando a falta de depósito se refire a varios exercicios, para proceder á reapertura da folla rexistral da sociedade, será preciso proceder como mínimo ó depósito dos tres últimos exercicios dos que transcurrira un ano desde a data do seu peche, sen que se producira o depósito. Resolucións da Dirección Xeral da Seguridade Xurídica e Fe Pública,  de 12 de marzo, 31 de outubro, 26 de novembro, 9 de decembro de 2025, entre outras.

DA CERTIFICACIÓN DA ACTA DA XUNTA NA QUE SE APROBAN AS CONTAS (DISPÓN DE DOUS MODELOS DE CERTIFICACIÓN)

A continuación poderá descargar o modelo correspondente a súa situación:

  1. Modelo I – Certificación (Xuntas Universais)
  2. Modelo II – Certificación (Xuntas NON Universais)

DATA DE EXPEDICIÓN DO CERTIFICADO DA ACTA DA XUNTA

Nas Contas Anuais en formato dixital Telemáticas e en soporte CD/DVD, en todo caso, a data de expedición do Certificado da Acta da Xunta, na que debe constar a pegada dixital xerada polo PROGRAMA D2, NON PODE SER NUNCA ANTERIOR Á DATA DE XERACIÓN DA PROPIA PEGADA.

DOCUMENTO SOBRE SERVIZOS A TERCEIROS

SÓ DEBEN RESPONDER SI/NON OS SUXEITOS OBRIGADOS POLA LEI 10/2010, DE 28 DE ABRIL, ART. 2.1.0 e CON DECLARACIÓN DE ALTA VIXENTE INSCRITA NO REXISTRO MERCANTIL. NO CASO DE NON ESTAR OBRIGADO, DEBERÁ DEIXAR O ESPAZO EN BRANCO.

CÓDIGO LEI

Aquelas sociedades que dispoñan de LEI (Legal Entity Identifier) na data de formulación das contas deberán facer constar o seu código na folla destinada a Datos Xerais de Identificación e Información Complementaria (IDA1/IDP1) apartado 0109.

CÓDIGO ROAC DO AUDITOR QUE FIGURE INSCRITO

No caso de que o auditor inscrito sexa unha persoa xurídica, o número de ROAC que debe constar na instancia de presentación será o da persoa xurídica: Resolucións DGSJFP de data 17 de xaneiro de 2022 (B.O.E .16 de febreiro de 2022) e 15 de decembro de 2016 (B.O.E .7 de xaneiro de 2017).

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

Nos modelos de contas anuais abreviadas e pymes, no apartado 94705 das follas numeradas como IDA2 e IDP2, debe constar a Información sobre o período medio de pago a proveedores durante o exercicio. Resolucións DGSJFP de data 14 de novembro de 2017, 16 de novembro de 2017, 5 de decembro de 2017.

FOLLA COVID-19 EN FORMATO PAPEL

Cando o depósito de contas se presenta en formato papel, no caso de que deba acompañar o documento de FOLLA COVID-19 (debidamente cumprimentado), debe incluír o nome e firmas autógrafas do administrador ou administradores da sociedade.- Art. 58 RRM.

TITULARIDADE REAL

Na web do Colexio de Rexistradores, están dispoñibles os manuais e instruccións acerca do novo formulario de titularidade real.

Ver:

Preguntas frecuentes para a cumprimentación da declaración de identificación do titular real.

Resolución de 26 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, referida ós modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados a súa publicación.

TITULARIDADE REAL PARA PRESENTACIÓNS DAS CONTAS ANUAIS EN FORMATO PAPEL

Cando o depósito de contas se presenta en formato papel, o documento de Titularidade Real, deberá ir asinado de forma autógrafa, polo administrador ou os administradores da sociedade. Resolución de 25 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública.

TEST DE ERRORES EN DEPÓSITOS DIXITAIS

SOPORTE ANTE DUDAS E PREGUNTAS

Para o soporte dos distintos programas D2, así como para calquera dúbida sobre a presentación telemática, deben dirixirse ó Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España, a través do teléfono 91 270 17 97, ou ben, pode obter axuda e información na súa páxina web https://sede.registradores.org/sede/sede-corpme-web/informacion-y-ayuda/documentacion-descargas/registro-mercantil. En canto a todo isto o Rexistro Mercantil de Santiago non presta ningún tipo de soporte.