POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Quen é o responsable do tratamento dos datos persoais?
De acordo ó establecido na normativa vixente, lle informamos que os datos persoais que poda facilitar durante o uso da web www.rmsantiago.org (en adiante “a Web”) serán tratados en calidade de Responsable do tratamento polo REXISTRO MERCANTIL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (en adiante, “REXISTRO”), con CIF: 33229448Z e sede na Praza da Constitución s/n, 15702 – Santiago de Compostela.
Poderá poñerse en contacto co Delegado de Protección de Datos do REXISTRO a través do seguinte Correo electrónico: dpo@corpme.es.
Estase obrigado a facilitar datos persoais?
A visita á Web non supón que o usuario esté obrigado a facilitar ningunha información sobre sí mesmo. Non obstante, o emprego de algúns dos servizos dispoñibles na Web depende da cumprimentación de formularios de información persoal.
Os datos solicitados nos formularios da Web son os precisos para prestar os servizos solicitados. A negativa a proporcionar os datos sinalados como precisos pode supor a imposibilidade de prestar adecuadamente ditos servizos. Así mesmo, poderá facilitar datos de modo voluntario co obxectivo de que podan prestarse de modo óptimo estes servizos.
Igualmente, determinadas funcionalidades da web dependen de que vostede autorice o tratamento dos seus datos persoais.
Con que finalidade tratará o Rexistro os datos persoais do usuario?
Os datos persoais que facilite para a prestación dos distintos servizos postos a disposición no Sitio Web serán tratados polo REXISTRO conforme as seguintes finalidades:
-No caso do Formulario de Contacto a finalidade será a de atender as peticións de información sobre o funcionamento do Rexistro formuladas polos usuarios.
-Igualmente, informámoslle que determinadas funcionalidades da web dependen do uso de COOKIES, polo que, no caso de que non denegara a posibilidade do seu uso, procederase o tratamento de determinada información relacionada co seu uso na Web. Pode ver as condicións para o seu uso na “Política de Cookies”.
Os datos persoais non se empregan en tratamentos automatizados para a elaboración de perfís nin se fan transferencias internacionais dos mesmos.
Durante canto tempo tratará o Rexistro os datos persoais?
Os datos do Usuario serán conservados mentres sexan precisos para a prestación dos servizos solicitados e, unha vez finalizada a prestación de ditos servizos, os seus datos poderán ser conservados durante os prazos legalmente esixidos para as posibles responsabilidades derivadas do servizo prestado.
Que categorías de datos do usuario tratará o Rexistro?
Os datos persoais precisos para a prestación dos diferentes servizos dispoñibles na Web serán os indicados no correspondente formulario habilitado a tal efecto.
Cal é a lexitimación do tratamento dos datos do usuario?
O tratamento dos datos do Usuario por parte do REXISTRO ampárase na solicitude por parte do Usuario dos servizos postos a disposición a través da Web ou, no seu caso, no consentimento que se lle solicite para finalidades determinadas, e que poderá retirar en calquera momento. Non obstante, no caso de revocar o seu consentimento, iso non afectará á licitude dos tratamentos efectuados con anterioridade.
A que destinatarios se comunicarán os datos do usuario?
Os datos persoais facilitados polo Usuario non serán comunicados a terceiros, salvo que iso sea preciso para a prestación dos servizos solicitados ou cando o usuario aceptara expresamente a súa comunicación. En ambos supostos, o Usuario será debidamente informado de dita posibilidade antes de proceder á comunicación dos seus datos persoais.
Que responsabilidade ten o usuario?
O Usuario será o responsable de que os datos facilitados ao REXISTRO sexan verdadeiros, exactos, completos e actualizados. A estes efectos, o Usuario responderá da veracidade de todos os datos que comunique e deberá manter debidamente actualizada a información facilitada, de tal forma que responda a súa situación real.
Igualmente, será responsable das informacións falsas ou inexactas que proporcione a través do Sitio Web e dos danos e prexuízos, directos ou indirectos, que iso poida causar ó REXISTRO ou a terceiros.
Que dereitos ten o usuario?
O Usuario pode enviar un escrito á dirección postal do REXISTRO ou a través de correo electrónico dpo@corpme.es, coa Referencia “Protección de Datos”, adxuntando fotocopia do seu documento de identidade, en calquera momento e de maneira gratuita, para:
- -Revocar os consentimentos otorgados.
- -Acceder os seus datos persoais.
- -Rectificar os datos inexactos ou incompletos.
- -Solicitar a supresión dos seus datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan precisos para os fins que foron recollidos.
- -Obter do REXISTRO a limitación do tratamento dos datos cando se cumpla algunha das condicións previstas na normativa de protección de datos.
- -Solicitar a portabilidade dos seus datos.
- -Reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (agpd.es) cando o interesado considere que o REXISTRO vulnerou os dereitos que lle son recoñecidos pola normativa aplicable en protección de datos.
É seguro facilitar datos persoais?
O REXISTRO tratará os datos do Usuario en todo momento de forma absolutamente confidencial e gardando o preceptivo deber de segredo respecto dos mesmos, de conformidade co previsto na normativa de aplicación, adoptando ó efecto as medidas de índole técnica e organizativas precisas que garanten a seguridade dos seus datos e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos ós que están expostos.
Pode cambiar a política de privacidade?
O REXISTRO resérvase o dereito a modificar a presente Política de Privacidade a fin de adaptala ás novidades lexislativas que fosen procedentes. En ditos supostos, anunciaranse no Sitio Web os cambios introducidos cunha antelación razoable a da súa posta en práctica.
Derradeira actualización: 12 de maio de 2022

Galego
Español