LEGALIZACIÓN DE LIBROS
NORMATIVA DE APLICACIÓN
-
- Artigo 18. Legalización de libros da Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ós emprendedores e a súa internacionalización. («BOE» núm. 233, de 28/09/2013)
- Instrución de 12 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado («BOE» núm. 40, de 16 de febreiro de 2015)
- Instrución de 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado («BOE» núm. 162, de 8 de xullo de 2015)
- Artigos 25 a 33 do Código de Comercio.
- Artigos 329 a 337 do Regulamento do Rexistro Mercantil.
LIBROS A LEGALIZAR
-INVENTARIO E CONTAS ANUAIS
-DIARIO
Os libros NON CONTABLES obrigatorios para as sociedades inscritas son:
-REXISTRO DE ACCIÓNS NOMINATIVAS (Sociedades Anónimas e en Comandita por Accións).
-REXISTRO DE SOCIOS (Sociedades de Responsabilidade Limitada)
-CONTRATOS DO SOCIO ÚNICO
-ACTAS (da XUNTA e do CONSELLO)
*As sociedades tamén poderán presentar para a súa legalización calquera libro AUXILIAR que consideren oportuno.
FORMA DE PRESENTACIÓN
Conforme o artigo 18 da Lei 14/2013, de 27 de setembro, todos os libros que obrigatoriamente deben levar os empresarios deberán cumprimentarse en soporte electrónico.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
A presentación dos libros para a súa legalización no Rexistro Mercantil competente por razón do domicilio, deberá ser por vía telemática, tra-la súa cumprimentación, dentro dos catro meses seguintes ó peche do exercicio social.
Para a súa presentación por vía telemática, deberán empregar a plataforma colexial, https://sede.registradores.org/site/acceso debendo darse previamente de alta como usuario nos servizos interactivos do Colexio de Rexistradores.
Para calquera consulta sobre o servizo de envío, chame o teléfono 902 201 200 ou envíe un e-mail a soporte.firma@corpme.es
PROGRAMA A EMPREGAR PARA O SEU ENVÍO
PROGRAMAS
-Legalización dixital de libros LEGALIA
MANUAIS
-Nova Presentación telemática de Libros
-Manual de axuda de envío de lotes de libros
-Manual de usuario de Legalia 2
-Preguntas frecuentes presentación telemática
No caso de ter dudas sobre o servizo de firma electrónica ou o funcionamento de LEGALIA, o teléfono de asistencia é o 902 201 200, tamén poden descargar un Manual na mesma páxina.
A facturación realizarase na forma indicada na páxina anterior a través dos servizos centrais.
LEGALIZACIÓN DE LIBROS CONTABLES EN ENTIDADES NON INSCRITAS
(Dita certificación deberá engadirse ou ben desde a plataforma de presentación telemática, na opción “Engadir arquivo” ou desde o programa legalia, na opción “Engadir complemento”, que aparecerá se iniciamos a presentación telemática desde o propio programa de legalia)
CÓMO SE REALIZA A PRIMEIRA LEGALIZACIÓN DUN LIBRO, CANDO ANTERIORMENTE HAI LIBROS LEGALIZADOS EN BRANCO
O modelo de certificación o poderán atopar en Descargas do Colexio de Rexistradores:
-Modelo de certificación de peche de libros en branco.
(Deberá engadirse ou ben desde a plataforma de presentación telemática, opción “Engadir arquivo” ou desde o programa legalia, opción “Engadir complemento”, que aparecerá se iniciamos a presentación telemática desde o propio legalia)
CÓMO RECTIFICAR OS LIBROS QUE XA FORON LEGALIZADOS
–Facer clic aquí para descargar o Modelo de certificación de rectificación de libros legalizados.
(Deberá engadirse ou ben desde a plataforma de presentación telemática, opción “Engadir arquivo” ou desde o programa legalia, opción “Engadir complemento” que aparecerá se iniciamos a presentación telemática desde o propio legalia)
SOPORTE ANTE DÚBIDAS E PREGUNTAS
Para calquera consulta relacionada coa presentación telemática, consulte os manuais de REGISTRADORES.ORG, chame ó número 91 270 17 97 ou mande un correo electrónico a registro.electronico@registradores.org
TELÉFONO SOPORTE 91 270 17 97
DESCARGAS
PROGRAMAS
Descarga do programa de Legalización de Libros
Certificado de peche de libros en branco.
Instancia de rectificación de libros
MANUAIS DE AXUDA
Manual de axuda de Presentación telemática de libros
Manual de usuario de Legalia 2
Manual de axuda de Notificacións
Manual de axuda de Facturación

Galego
Español 