DEPÓSITOS DE CONTAS ANUAIS
NORMATIVA DE APLICACIÓN
-279 da Lei de Sociedades de Capital.
-365.1 do Regulamento do Rexistro Mercantil.
ÚLTIMAS DISPOSICIÓNS XERAIS:
-
-
- Resolución do 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, referida ós modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados a súa publicación.
- Resolución do 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, referida ós modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas dos suxeitos obrigados a súa publicación.
- Resolución do 26 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, referida ós modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados a súa publicación.
- Resolución do 26 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, referida ós modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas dos suxeitos obrigados a súa publicación.
- Orde JUS/616/2022, de 30 de xuño, pola que se aproban os novos modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados a súa publicación.
-
FORMA DE PRESENTACIÓN
-
-
- Presentación completa.
- Presentación mixta.
-
Presentación física nas oficinas do Rexistro: Pode optarse pola presentación en dous soportes diferentes:
-
-
- Soporte dixital.
- Formato Papel.
-
PRESENTACIÓN TELEMÁTICA
Para a presentación telemática das Contas Anuais será preciso descargar o programa D2 correspondente a cada exercicio, dispoñible na páxina web do Colexio de Rexistradores:
Dispoñen de distintos manuais de presentación do programa D2 e manual de axuda para a presentación. No seguinte enlace:
Para o seu envío de forma telemática deberá ser usuario rexistrado no servizo e dispoñer dun certificado electrónico recoñecido conforme se indica nos manuais indicados.
As presentacións telemáticas de contas anuais poden facerse completas ou mixtas:
a) PRESENTACIÓN COMPLETA. (incluida a certificación da acta da xunta).
Non se aportará ningún documento ao rexistro, todos forman parte do envío telemático.
O envío telemático completo, está formado polo envío de dous únicos ficheiros:
-Ficheiro .ZIP (que contén as contas anuais e os demáis documentos que deban depositarse)
-Ficheiro PDF (que contén a certificación relativa á aprobación das contas anuais presentadas, non debendo incorporarse dentro do ficheiro .zip). Na certificación debe consignarse a pegada dixital a efectos de identificación do Depósito Dixital xerado e enviado.
b) PRESENTACIÓN MIXTA. (non inclúe a certificación da acta da xunta no envío).
Enviarase telemáticamente o ficheiro.zip, (que contén as contas anuais e os demáis documentos que teñan que depositarse), e no prazo máximo de quince días desde dito envío deberán aportarse ao Rexistro, en soporte papel, os seguintes documentos:
-
- Certificación relativa á aprobación das contas anuais presentadas na que debe consignarse a pegada dixital a efectos de identificación do Depósito Dixital xerado.
- Certificación da pegada dixital xerada polo programa D2, debidamente asinada.
- Duplicado do acuse de recibo de dita presentación telemática.
No caso de non presentación dos documentos no Rexistro dentro dos seguintes 15 días hábiles motivará a calificación defectuosa do depósito.
PRESENTACIÓN FÍSICA NAS OFICINAS DO REXISTRO
Pode optarse pola presentación en dous soportes diferentes:
a) Soporte Dixital.
Para a xeración do depósito dixital, será preciso descargar o programa D2 correspondente a cada exercicio, dispoñible na páxina web do Colexio de Rexistradores:
Dispoñen de distintos manuais de presentación do programa D2 e manual de axuda para a presentación. No seguinte enlace:
Presentarase en soporte dixital (CD ou DVD), o ficheiro ZIP que xera o depósito dixital, que contén a totalidade dos documentos obxecto do depósito, exceptuando os seguintes que se presentarán en papel:
-
- Certificación relativa á aprobación das contas anuais presentadas nas que deberá constar transcrito o código alfanumérico da pegada dixital.
- Certificación da pegada dixital xerada polo programa D2, debidamente asinada.
- A instancia que xera o depósito e por duplicado.
Non se aceptará documento algún en papel excepto os anteriormente indicados conforme o Anexo II da Orde JUS/616/2022, de 30 de xuño que así o determina e da Resolución de 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, referida ós modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados a súa publicación.
b) Soporte Papel.
As contas anuais, xunto cos demáis documentos que as forman, deben presentarse obrigatoriamente nos modelos normalizados, cumprimentados de forma mecanizada, acompañados de instancia e certificación relativa á aprobación das contas anuais presentadas.
OS IMPRESOS NORMALIZADOS PARA A PRESENTACIÓN DAS CONTAS ANUAIS EN PAPEL ESTÁN DISPOÑIBLES EN FORMATO PDF EDITABLE NA WEB DO MINISTERIO DE XUSTIZA.
(Tamén se atopan nas páxinas web do Colexio de Rexistradores, do Consello Xeral do Notariado, do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas e do Banco de España)
A instancia ou solicitude debe presentarse en modelo normalizado e por duplicado, debidamente cumprimentada e que conteña todos os datos do presentador e asinada por éste.
Quedan exentas da obrigación de presentar ditos documentos en modelos normalizados aquelas sociedades ou empresarios que de acordo ca súa lexislación específica deban formular as súas contas con arreglo os seus propios modelos, neste caso, deberá constar na certificación de aprobación de contas o motivo concreto polo que non se empregan os modelos normalizados.
A presentación pode facerse persoalmente na propia oficina do Rexistro, ou ben a través de servizos de mensaxería ou polo servizo de correos, facendo constar, neste último caso, na instancia de forma individual a data da certificación do Servizo de Correos, a cal deberá conter necesariamente todos os datos do presentador (nome, domicilio, e-mail, fax, teléfono, etc) para posteriores comunicacións ou envíos.

CONSULTAS FRECUENTES
PRAZO
A Xunta Xeral reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada exercicio para aprobar as contas do exercicio anterior e resolver sobre a aplicación do resultado. (art.164 LSC).
A presentación das contas no Rexistro Mercantil estará dentro do prazo establecido se son presentadas dentro do mes seguinte á celebración da xunta de aprobación das mesmas. (Artigo 279 do TRLSC e 365 do RRM.)
NOTIFICACIÓNS
En concreto, notifícase:
-A presentación do depósito no Rexistro, os efectos do artigo 55 RRM.
-O depósito das contas ou no seu caso os defectos que impiden o depósito.
PECHE DO REXISTRO POR FALTA DE DEPÓSITO DE CONTAS
Cando a falta de depósito se refire a varios exercicios, para proceder á reapertura da folla rexistral da sociedade, será preciso proceder como mínimo ó depósito dos tres últimos exercicios dos que transcurrira un ano desde a data do seu peche, sen que se producira o depósito. Resolucións da Dirección Xeral da Seguridade Xurídica e Fe Pública, de 12 de marzo, 31 de outubro, 26 de novembro, 9 de decembro de 2025, entre outras.
DA CERTIFICACIÓN DA ACTA DA XUNTA NA QUE SE APROBAN AS CONTAS (DISPÓN DE DOUS MODELOS DE CERTIFICACIÓN)
DATA DE EXPEDICIÓN DO CERTIFICADO DA ACTA DA XUNTA
DOCUMENTO SOBRE SERVIZOS A TERCEIROS
CÓDIGO LEI
CÓDIGO ROAC DO AUDITOR QUE FIGURE INSCRITO
PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES
FOLLA COVID-19 EN FORMATO PAPEL
TITULARIDADE REAL
Ver:
Preguntas frecuentes para a cumprimentación da declaración de identificación do titular real.
Resolución de 26 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, referida ós modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados a súa publicación.
TITULARIDADE REAL PARA PRESENTACIÓNS DAS CONTAS ANUAIS EN FORMATO PAPEL
TEST DE ERRORES EN DEPÓSITOS DIXITAIS
SOPORTE ANTE DUDAS E PREGUNTAS
DESCARGAS
PROGRAMAS
Programas de depósito de contas
FORMULARIOS
Modelo I - Certificación (Xuntas Universais)
Modelo II - Certificación (Xuntas NON Universais)
MANUAIS DE AXUDA
Manual de axuda de Nova Presentación telemática de contas anuais
Definición dos test de erros consolidadas
Manual de axuda de Notificacións
Manual de axuda de Facturación

Galego
Español 